Skip to main content
Begonte

O Concello de Begonte FS organiza este venres unha festa de inchables

Por 2 Novembro, 2023Sin comentarios

Como parte do proxecto Plan Corresponsables ao que está inscrito o Concello de Begonte FS, este venres, 3 de novembro, terá lugar no pavillón de Baamonde unha festa de inchables para o desfrute dos rapaces e rapazas

Á festa poderán acudir todos os rapaces e rapazas de forma completamente gratuíta. Aqueles nenos que non formen parte do club, deberán poñerse en contacto para comunicar a súa presenza por teléfono no 679 71 17 09 (Jesús Castro).