Skip to main content
Begonte

O CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño de Begonte incorpora un laboratorio de radio

Por 6 Novembro, 2023Novembro 7th, 2023Sin comentarios

O CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño para participará no programa Radio na Biblio. A Consellería de Educación seleccionou ao centro de Begonte para formar parte da iniciativa.

Deste xeito, a posta en marcha dunha emisora de radio nun centro educativo proporciona múltiples oportunidades para o desenvolvemento de competencias chave. Realizaranse tarefas complexas que involucran diversas habilidades e destrezas, permitindo o tratamento de contidos curriculares mediante metodoloxías activas.

Cando a biblioteca incorpora un laboratorio de radio pode xerar unha importante dinámica de comunicación, de apoio aos proxectos do centro, de difusión dos produtos culturais e das investigacións elaboradas polo alumnado. Ademais pode impulsar novos proxectos de carácter interdisciplinario, vinculados á educación para as competencias en información e medios.