Skip to main content
Begonte

Begonte acolle a representación de ‘Bad Man’ este sábado

Por 9 Novembro, 2023Sin comentarios

Este sábado día 11, ás 17.30 horas representarase na casa da cultura de Begonte a obra de teatro Bad Man, un home malo.

Trátase dunha comedia tráxica con notas musicais para público maior de 16 anos.

Na súa procura da malignidade, Andréas Kakós Ánthropos atopou dous elementos que lle permiten facer o mal: a verdade e a arte contemporánea. Sobre estes dous elementos constrúe un monólogo dialogado no que pretende incomodar ao público. Logo de tentar amosar o mal a través dun home malvado, Andréas decátase de que o mal xa está alí, no cotián, entre o público, tratando de facer reflexionar sobre o que é a maldade innata do ser humano e a súa necesidade. Unha obra nun reducido espazo con aproximacións a comedia e ao monólogo dende unha perspectiva filosófica.

Cancións e música para suavizar o mal, ou para darlle énfase. Un diálogo co público no que se permite que o público responda e fale co fin de cuestionar a bondade de todo o ben que facemos.