Skip to main content
Begonte

Convocado un curso de auto defensa en Begonte

Por 13 Novembro, 2023Sin comentarios

Con motivo do 25N, a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia financia en Begonte un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas.

O curso vai ser impartido por un especialista da Federación Galega de Loita e pertencente ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

A actividade vaise levar a cabo no Telecentro os días 27 e 29 de novembro en horario de 16.00 a 20.00 horas.

As mulleres que queiran participar teñen que inscribirse previamente nas oficinas municipais en horario de mañá.