Skip to main content
Begonte

Begonte acolle unha charla sobre alimentación este luns

Por 10 Novembro, 2023Sin comentarios

O luns día 13 de novembro, ás 16.30 horas, terá lugar na casa da cultura de Begonte unha charla onde se vai expoñer a diferenza entre alimentación e nutrición. Ademais trataranse os temas de alimentación saudable, alimentos procesados, consellos para unha cesta saudable con interpretación de etiquetado e ferramentas e aplicacións dispoñibles para ter en conta antes de comprar e escoller as mellores opcións.

A sesión terá unha duración de 1,5 horas e está dirixida a todos los públicos. Estará a cargo de Paula Roca Saavedra (dietista-nutricionista do centro de saúde de Vilalba) e Antía Pérez Vázquez (dietista-nutricionista do centro de saúde de Outeiro de Rei e Guitiriz).

As inscricións para asistir deben facerse no Concello de Begonte ou no teléfono  619 45 50 26, hoxe como último día.