Skip to main content
Begonte

O alcalde de Begonte acusa ao BNG de cinismo e mesquindade na súa actitude en Riocaldo

Por 22 Novembro, 2023Sin comentarios

O equipo de Goberno de Begonte cualifica de “cinismo, hipocrisía e mesquindade” as declaracións do BNG de Begonte en Riocaldo.

O BNG de Begonte critica que o alcalde votase en contra dunha moción presentada no pleno do mes de novembro co fin de instar a Confederación Hidrográfica, ADIF e o Mitma a que tomen medidas correctoras para evitar as enchentes e os asolagamentos que sufriron as casas dos veciños de Riocaldo e de Begonte.

“Nunha actitude mesquiña, hipócrita, cínica e ruín, co único interese de sacar rédito político das desgracias dos veciños, esquecen dicir porque se votou en contra dunha moción extemporánea e inútil.
Votouse en contra dunha moción que pide algo que xa o Concello solicitou no mes de xaneiro e febreiro deste ano 2023, xusto despois das enchentes que tanto dano causaron aos nosos veciños. Solicitudes rexistradas que se poden comprobar, así como a tala de árbores e limpeza de tubaxes feita polo Mitma ao longo da N VI a petición expresa do Concello”, explican.

“Lamentablemente como aconteceu nas pasadas inundacións de xaneiro do 2023, o BNG de Begonte chega tarde e a destempo. Non como o Goberno Municipal do PP, que dende o primeiro momento estivo ó carón dos veciños axudando e tratando de paliar as desgracias, sendo a única administración que aprobou e outorgou axudas ós damnificados”, subliña o alcalde.

“Mellor faría o BNG de Begonte, mais aló de sacarse fotos e presentar mocións, se tanto interese ten en axudar ós veciños, ter aprobado axudas na Deputación Provincial de Lugo, onde gobernan co PSOE. Ademais, se son tan coñecedores das solucións que evitan as inundacións e os asolagamentos das casas, porqué non aproveitaron o voto favorable do BMG á investidura do señor Sánchez,  para solicitar a cambio, os correspondentes investimentos e actuacións por parte de ADIF, Confederación e o Mitma?”, din.

“¿Realmente o Bng de Begonte preocúpanlle os veciños , ou están mais interesados nos titulares, a propaganda e os votos?”, conclúen.

¿É casualidade que se lembren de que hai inundacións e solicitar medidas despois de 10 meses das pasadas enchentes e xusto cando volta chover?