Skip to main content
Begonte

75 familias están a participar na campaña de compostaxe doméstica de Begonte

Por 27 Novembro, 2023Sin comentarios

Setenta e cinco familias do municipio de Begonte participan na campaña de compostaxe doméstica municipal, desenvolvida en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

“A campaña, contou con gran aceptación entre a cidadanía tal e como desprenden os controis efectuados porta a porta por técnicos especialistas na materia. A maioría dos compostadores están a funcionar optimamente, o que contribúe en boa medida á redución de materia orgánica a depositar nos colectores convencionais, así como á redución da emisión de gases efecto invernadoiro á atmosfera”, afirman desde o Concello.