Skip to main content
Castro de Rei TERRACHÁXACospeito

O CB Breogán visitou os colexios de Cospeito e Castro de Rei co programa Ningún Aro Sen Rede

Por 4 Novembro, 2023Sin comentarios

O proxecto Ningún Aro Sen Rede fixo unha nova parada onte no CPI Virxe do Monte, no Concello de Cospeito.

Alí agardaban unha boa chea de alumnos e alumnas, con moitas gañas de pasalo ben e de sumarse a esta iniciativa ecolóxica que se leva a cabo da man da UNED de Lugo e de Ecoballution.

Logo da explicación de rigor do concurso de reciclaxe e da importancia do seu labor a partir de agora por parte de Salva Arco e Ana Traseira, chegou o momento de probar as novas econets.

Erik Quintela, Conner Frankamp e Máximus fixeron o concurso. A porcentaxe nos lanzamentos 2 de 10 deixa claro que á mascota do CB Breogán dáselle moito mellor a competición do baile de mascotas da ligaendesa, que gaña cada ano, pero que no tema puramente deportivo aínda ten que adestrar un pouquiño máis.

En resumo, unha mañá moi divertida, cunha total implicación de mestres e escolares e da que os xogadores do primeiro equipo do Breogán se levan un gran recordo.

Días antes participaron en Castro de Rei nunha fase de adestramentos deste Máis Que Basket No Rural.

A parte teórica da xornada xirou en torno á figura do CB Breogán, cun repaso á historia do club. Na parte de baloncesto, púxose en práctica o aprendido neste mes de adestramentos.

Os rapaces e rapazas destinatarios da sorpresa desta xornada foron os alumnos e alumnas do CEIP Ramón Falcón, que contaron coa presenza de Anthony Polite.

Logo de coñecer un pouco mellor a Anthony, o xogador do CB Breogán ofreceu unha clase de técnica de tiro, antes de pasar a compartir con todos eles e elas xogos e partidos 2X2.