Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

O Concello de Castro de Rei implanta o contedor marrón en dúas localidades

Por 12 Novembro, 2023Novembro 13th, 2023Sin comentarios

O concello de Castro de Rei iniciou o proceso de implantación do contedor marrón nos núcleos urbanos de Castro Ribeiras de Lea e Castro de Rei co obxectivo de potenciar a recollida separada dos residuos orgánicos.

A implantación destes recipientes efectuouse no marco dun proxecto levado a cabo coa colaboración Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

De forma previa á súa colocación, realizouse unha campaña informativa mediante un stand itinerante por diferentes localizacións do termo municipal, atendido por monitores ambientais especialistas na materia que informaron á veciñanza sobre o uso axeitado do denominado “quinto contedor” o cal debe estar garantido en todo o territorio da Unión Europea, como moi tarde, o 31 de decembro do 2023.

No colector marrón verteranse residuos de procedencia orgánica que serán recollidos e transportados á planta de biorresiduos para ser transformados en compost ou biogás.

Con esta iniciativa búscase conseguir os máis altos niveis de reciclaxe dos desperdicios domésticos e avanzar cara un modelo de xestión de residuos máis eficiente e na liña marcada pola chamada economía circular que avoga por darlle unha nova vida aos residuos converténdoos en recursos antes da súa reincorporación ao ciclo produtivo.

O contedor de materia orgánica estase a implantar en varios concellos da provincia. Os residuos que deben depositarse neste novo recipiente de fracción orgánica son restos de froita e verdura, restos de carne e peixe, cascas de ovo, de marisco e de froitos secos.