Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

O Concello de Castro de Rei compra unha cortadora de herba

Por 15 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Castro de Rei vén de comparar unha cortadora de herba para o mantemento de parques, xardíns, áreas recreativas e espazos verdes.

Esta compra foi realizada con cargo a unha Subvención do Fondo de Compensación Ambiental (liña de concorrencia non competitiva) de Vicepresidencia 2ª e Consellería de Xustiza, por un importe total de 36.300 euros, dos que foi subvencionado o 80%.

“Dende o Concello valoramos positivamente esta adquisición que ademais de ser moi necesaria pasará a formar parte do parque de maquinaria do Concello, destinándose ó mantemento de espazos verdes e áreas recreativas”, explicou o alcalde, Francisco Balado.