Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXADeportes LUGOXADeportes TERRACHÁXA

Remata en Castro de Rei o programa de baloncesto da Fundación Breogán

Por 18 Novembro, 2023Sin comentarios

Chega ao seu fin o Máis Que Basket No Rural no Concello de Castro de Rei. Ao longo das últimas semanas a Fundación Breogán levou o baloncesto e os hábitos de alimentación saudables a este municipio da Terra Chá.

Na primeira parte realizaron o xa habitual test, para avaliar os coñecementos de baloncesto adquiridos polos rapaces e rapazas nestas pasadas semanas. Á vista dos resultados comprobaron que, por norma xeral a mensaxe dos adestradores calou fondo en todos eles e elas. De feito 4 rapaces fixeron pleno, respostando correctamente ás 16 preguntas do exame.

Logo, desfrutaron dun delicioso showcooking saudable a cargo de Marta Pérez Fandiño, dietista e nutricionista de Nutripasos, quen compartiu valiosos consellos sobre hábitos alimenticios saudables.

Ademais, entregáronse os diplomas e un balón a cada participante dos adestramentos de baloncesto, que tiveron lugar nos CEIP Ramón Falcón e CEIP Veleiro do Campo.

Neste especial acto, acompañaron ao director da Fundación Breogán, Salva Arco; Roberto Lorenzo Fernández, Tenente Alcalde de Castro de Rei; María Toirán Silvosa, directora do CEIP Ramón Falcón, e Juan José Díaz Valiño, director do CEIP Veleiro do Campo.