Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Castro de Rei contará coa representación de ‘As fames contadas’ no 25N

Por 23 Novembro, 2023Sin comentarios

Con motivo do 25N, a colaboración do Concello de Castro de Rei e a Asociación Si Hai Saída trae a Castro de Rei a obra de teatro As fames contadas.

Será no centro sociocultural Xosé Manuel Carballo este sábado, 25 de novembro, ás 19.00 horas. O acto será presentado polo alcalde Francisco Javier Balado Teijeiro e contará coa intervención de Marta Rodríguez Engroba, da Asociación Sí Hai Saída.

As fames contadas é un espectáculo de narración oral, composto por unha selección variada de contos propios e de tradición oral. O tema central é a fame, incluíndo non só a fame de comer senón outro tipo de fames que tamén temos os seres humanos. Comeza en torno á comida que se fai nunha casa para celebrar a festa. O feito de xuntarse á mesa provoca que se conten historias e sempre unhas van levando a outras. Así van saíndo as fames: de comer, de cariño, de aprender, de cartos… fames que dunha maneira ou outra temos que saciar.

Toca a temática da emigración e a violencia de xénero.