Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

O BNG pide a revogación da edil María José López por “desleixo de funcións”

Por 29 Novembro, 2023Sin comentarios

O BNG de Castro de Rei levara ao vindeiro pleno a revogación da concelleira do PP María José López por abandono das súas funcións.

María José López é a edil que no pleno de organización do pasado 17 de xuño foi nomeada polo  alcalde como representante do Concello nos Consellos Escolares dos centros educativos de Castro de Rei, “neste período non asistiu a pleno ningún dos consellos escolares dos centros educativos do municipio de Castro de Rei”, di a concelleira nacionalista.

“Dende o BNG temos constancia que nin nesta lexislatura nin na anterior asistiu aos plenos dos consellos escolares algo que nos parece o suficientemente grave porque o concello non ten un interlocutor cos centros educativos para coñecer a súa realidade nin as posibles deficiencias que os centros poden ter e poden precisar axuda dende o concello”, din.

“Non pode ser que unha concelleira diga nun Pleno cando é preguntada pola súa non asistencia a ditos plenos que diga que as horas dos plenos non son compatibles co seu horario, entón que deixe o seu cargo a outra persoa que poida desempeñar esas funcións” conclúe Olga García.