Skip to main content
Cospeito

San Martiño de Pino contará cunha sesión de compostaxe o 18

Por 8 Novembro, 2023Sin comentarios

A Asociación Recreativo Cultural de San Martiño de Pino celebrará o sábado 18 de novembro unha actividade sobre boas prácticas medioambientais, centrándose na compostaxe.

A sesión estará a cargo da Asociación A Estruga Espazo Agroecolóxico e ten como obxectivo ser capaces de facer unha boa compostaxe e que esta sirva como fertilizante para o solo.

O curso desenvolverase de 9.30 a 13.30 horas e necesítase inscrición previa, que pode realizarse antes do 13 de novembro cos membros da asociación.

Esta actividade englóbase dentro do programa da Reserva da Biosfera Terras do Miño e a Deputación de Lugo.