Skip to main content
Cospeito

Cospeito organiza de novo o concurso de imaxes polo 25N

Por 18 Novembro, 2023Sin comentarios

Con motivo da celebración o 25 de novembro do Día contra a violencia de xénero, o Concello de Cospeito organizou unha nova edición do concurso de imaxes.

Xa está aberto o prazo para participar neste concurso vinculado ás situacións de violencia. Os participantes poderán aportar debuxos ou fotografías con frases e lemas que se irán subindo ás redes sociais.

O gañador do certame recibirá 120 euros e o resto terá un agasallo. O prazo para participar remata o 24 de novembro e a votación de me gustas será aberta.

Valoraranse aqueles traballos que expoñan situacións sobre sexismo, violencia invisible ou micromachismos, así como outras situacións relacionadas coa violencia de xénero.

Os traballos deberán enviarse a igualdadecospeito@gmail.com indicando nome e apelidos. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen. Para o caso de participantes menores de idade, para recibir o premio, o gañador/a estará acompañado/a polo seu pai, nai ou titor.