Skip to main content
Axenda CaducadaCospeito

Muimenta acolle un obradoiro de maquillaxe os días 2 e 3 de decembro

Por 25 Novembro, 2023Sin comentarios

O local social do centro médico de Muimenta acolle un obradoiro de maquillaxe do 2 ao 3 de decembro da man de Laura Pacio. Os interesados poden inscribirse ata o venres 1 de decembro.

A actividade organizarase de 17.00 a 19.00 horas o sábado 2 e de 10.30 a 12.30 horas o día 3. Os que queiran participar poden inscribirse na Mercería Teresa. Deberán abonar unha traxa de 40 euros.

Os participantes deberán levar as súas propias brochas e aprenderán a facer unha rutina de limpeza e hidratación facial para todo tipo de peles, maquillaxe de día para eventos e maquillaxe de noite.