Skip to main content
Cospeito

Proxéctase en Cospeito o documental sobre os segadores da zona de Órrea

Por 26 Novembro, 2023Sin comentarios

Este sábado, 2 de decembro, na Escola de Santa María de Cospeito, ás 18.00 horas, terá lugar a proxección do documental Segadores da Órrea en Terras de Castela: unha historia de heroes.

Este documental é un feito histórico, social, antropolóxico e cultural narrado por 31 homes e mulleres que o viviron en primeira persoa. Conta, tamén, coa participación de varios segadores da Órrea residentes en Meira.

Este acontecemento está organizado pola Asociación Veciñal A Pena de Cospeito e a Vicepresidencia da Deputación.