Skip to main content
Cospeito

Comeza este venres unha nova edición do Mercado de Nadal de Muimenta

Por 30 Novembro, 2023Sin comentarios

A Xunta Directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta, a cal engloba a gandeiros, profesionais e autónomos da Vila, sigue desenvolvendo actividades, en especial encamiñadas a estas datas de Nadal.

Un ano máis, o Mercado de Nadal de Muimenta, que alcanza a súa décimo quinta edición, comenza este venres 1 de decembro e rematará o venres 5 de xaneiro do 2024 (en ámbolos dous días, celébrase a feira mensual da vila).

Participarán un total de 26 negocios (dous menos que na edición anterior), repartíndose unhas 19.000 rifas entre os seus clientes, co cal, se manterán o importe dos premios.

Os premios serán 19 vales de 100 euros, cada un deles, aos propietarios das papeletas que coincida cos tres últimos números do primeiro premio da Lotería de Reis, que se celebrará o vindeiro sábado 6 de xaneiro do 2.024.

Os gañadores, terán que informar antes de que remate o luns 15 de xaneiro, de que posúen a rifa gañadora. Non será válido todo o que apareza despois dese día, así como se se gaste o valor do premio antes da entrega do pertinente vale.

Ditos vales, deben ser consumidos, coma sempre, nos negocios pertencentes ao colectivo empresarial, nos trinta días posteriores a súa entrega.

Esta iniciativa xurdiu no ano 2009, como unha maneira de incentivar as compras de Nadal nos negocios da parroquia.

Hoxe máis ca nunca, o colectivo empresarial de Muimenta, quere animar a toda a xente a consumir nos negocios e locais da vila, “xa que esta situación que estamos a atravesar, fai precisar, máis que nunca a colaboración de tod@s, xa que, os nosos veciños e amigos precisan de nós, e nós deles”.

Moitos dos negocios que integran a Asociación de Empresarios de Muimenta participarán activamente na campaña Mellor Comercio da Túa Vila entre os vindeiros 14 de novembro e o 7 de decembro e que leva a cabo a Federación Galega de Comercio e a Deputación Provincial de Lugo.