Skip to main content
Axenda CaducadaFriol TERRACHÁXA

Os veciños de Friol poderán participar nun curso de defensa persoal

Por 26 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Friol achega unha nova proposta deportiva para toda a súa veciñanza. O pavillón municipal acollerá o vindeiro 30 de novembro un curso de defensa persoal para todos os públicos, que se impartirá de 19.00 a 20.30 horas.

David González Vázquez e Jana González, que contan cunha ampla experiencia en formación en autodefensa, serán os monitores do curso. Nel iniciarase aos participantes na autodefenesa, ensinaranse movementos básicos de autoprotección e exercicios de saída en situacións hostís.

Os interesados poden inscribirse indicando o seu nome no correo saletedgv@gmail.com ou a través do número 646 614 248.