Skip to main content
Guitiriz

O Concello de Guitiriz abre o prazo para un novo curso de iniciación á cestaría

Por 6 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Guitiriz abre o prazo de inscrición do Curso de Iniciación á Cestería que se levará a cabo desde o 30 de novembro ata o 30 de maio no soto da Casa Habanera.

A actividade é gratuíta, pero o alumnado deberá facerse cargo dos gastos do material. O curso desenvolverase todos os xoves en horario de 16:00 a 19:00 horas.

As prazas son limitadas e as persoas interesadas poderán apuntarse ata o 17 de novembro no rexistro o Concello ou a través da sede electrónica.