Skip to main content
Guitiriz

Guitiriz acolle un curso de manipulador de alimentos este venres

Por 9 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Guitiriz organiza un curso de manipulador de alimentos para o venres 10 de novembro. Este taller terá unha duración de tres horas.

Os participantes obterán a certificación obrigatoria segundo o regulamento europeo 852/2004.

Impartirase en horario de 16.00 a 19.00 horas na Casa Habanera por un técnico en Hixiene Alimentaria acreditado pola Consellería de Sanidade.

Contará con prazas limitadas polo que compren a facer previa inscrición, de luns a venres, no teléfono 982 818 935.