Skip to main content
Guitiriz

Guitiriz acolle o primeiro Torneo de Parchís

Por 12 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Guitiriz organiza o primeiro Torneo de Parchís, que terá lugar este venres, 17 de novembro, na Casa Habanera.

A sesión estará aberta a toda a veciñanza aínda que os menores de 12 anos deberán estar acompañados por un adulto. Para participar será necesaria unha inscrición previa xa que as prazas son limitadas. A data última de anotación é o xoves 16.

Os interesados poden anotarse de xeito presencial na biblioteca ou no teléfono 982 370 062. O torneo disputarase entre as 17.30 e as 19.30 horas.