Skip to main content
Meira

Convocada unha nova edición da xuntanza de maiores de Meira

Por 1 Novembro, 2023Novembro 2nd, 2023Sin comentarios

A localidade de Meira continúa cunha nova edición da súa Xuntanza de Maiores, que este ano se celebrará o venres 13 de novembro.

A xornada consistirá nunha misa solemne na Igrexa de Santa María de Meira, a partir das 13.00 horas, seguida dun xantar e baile no pavillón dos deportes da localidade.

Como en anos anteriores, recibirán un agasallo o home e a muller de máis idade do termo municipal.

Esta xuntanza está organizada polo Concello de Meira e require de inscrición previa. O último día para anotarse nas oficinas municipais será o día 8. As invitacións deberán levarse o día da festa.