Skip to main content
Meira

220 persoas participaron na Xuntanza de Maiores de Meira

Por 11 Novembro, 2023Sin comentarios

Meira acolleu unha nova edición da súa Xuntanza das Persoas Maiores, que se celebrou no pavillón da localidade ao mediodía de onte.

Foi un encontro no que participaron ó redor de 220 veciños e veciñas, entre os que estaban 15 usuarias do Centro de Atención a Maiores que a Deputación ten na localidade chairega.

A cita comezou cunha misa na igrexa de Santa María, seguida dun xantar e unha actuación dun grupo musical.

Asistiu  a deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira Morandeira, que puxo en valor o firme compromiso da Deputación co benestar das persoas maiores, materializado en iniciativas como a prestación do servizo de teleasistencia domiciliaria, o financiamento do SAF ou a rede de residencias, “que prestan unha atención de calidade aos usuarios e favorecen o arraigo, ademais de crear emprego e dinamizar as economías locais”.