Skip to main content
Meira

Recollen doazóns de sangue en Meira este luns

Por 19 Novembro, 2023Sin comentarios

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns no Concello de Meira, para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas na praza Maior, ao carón da parada de taxis.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou sen su caso tarxeta de doante.