Skip to main content
Muras

Muras retoma o 28 as actividades socioculturais

Por 26 Novembro, 2023Novembro 27th, 2023Sin comentarios

O Concello de Muras presenta este ano unha serie de actividades socioculturais para desenvolver a partir do día 28 de novembro e ata maior e para as que o prazo de inscrición remata este luns, 27.

Así, durante todo o resto do ano escolar haberá zumba os martes, a partir das 19.30 horas na Casa do Médico. Os xoves será a vez de pilates na casa escola da Balsa ás 18.00 horas e ás 20.00 na Casa do Médico. Os mércores haberá manualidades na Casa do Médico a partir das 19.30 horas.

Completará a semana o obradoiro de Memoria, os venres ás 16.30 horas tamén na Casa do Médico.

As persoas interesadas en anotarse poden facelo no teléfono 982 500 001.