Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Outeiro de Rei recibe por terceiro ano consecutivo a Bandeira Verde

Por 4 Novembro, 2023Novembro 5th, 2023Sin comentarios

A Xunta de Galicia vén de recoñecer a 18 concellos galegos como territorios responsables coa concesión da Bandeira Verde, un distintivo que ten por obxecto enxalzar as boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe.

O acto de entrega dos distintivos tivo lugar o pasado 20 de outubro en Porqueira (Ourense) e no mesmo estivo presente o alcalde, José Pardo Lombao, que recolleu a bandeira verde por terceiro ano consecutivo da man da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez.

A concesión deste recoñecemento supón ademais un mérito para a obtención de subvencións en materia de patrimonio natural. E, como novidade desta edición, tamén terase en conta para a obtención de axudas económicas en materia de residuos para construír e mellorar puntos limpos fixos, implantar instalacións móbiles ou impulsar proxectos de preparación para a reutilización.