Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

O delegado da Xunta e o alcalde de Outeiro de Rei valoran o avance das obras de Augas de Galicia

Por 17 Novembro, 2023Sin comentarios

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo unha xuntanza co alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo, para avaliar o avance dos diferentes proxectos que o Goberno galego ten en marcha no municipio, e singularmente as obras de Augas de Galicia.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a executar obras de mellora do abastecemento e está en proceso de contratación o proxecto construtivo da mellora do sistema de saneamento e a nova estación depuradora de augas residuais, licitado por un importe de 242.000 euros.