Skip to main content
As Pontes

O Concello das Pontes inviste na mellora de camiños do Rego, O Couce e O Castro

Por 3 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello das Pontes, coa financiación da Deputación da Coruña, ten previsto acometer a renovación da capa de rodadura dos camiños rurais do Rego, O Couce e O Castro.

As obras, cun orzamento de 36.130 euros, inclúen a limpeza xeral e o reperfilado das cunetas así como o rebacheo das zonas necesarias coa aportación de grava e tratamento asfáltico semiprofundo, para seguidamente proceder a un rego de imprimación

Así mesmo, executarase un reforzo de bordos,dentro da plataforma existente, cunha capa de zahorra artificial. As obras finalizarán coa reposición da sinalización horizontal necesaria.