Skip to main content
As PontesComarca TERRACHÁXA

A Federación veciñal de Galicia premia a Valentín González e Cheché Real, entre outros

Por 3 Novembro, 2023Sin comentarios

A Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro–CoGaVe, presidida polo lucense Fernando Rois Rois, celebrará, este sábado, 4 de novembro de 2023, os seus X Premios Crer non Movemento Veciñal, cos que recoñece a persoas e entidades que
promoven os valores do Movemento Veciñal.

A gala, que dará comezo ás 11.30 horas no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo, estará presentada polo xornalista Xulio Xiz, que acompañará aos micrófonos ao presidente da Federación anfitrioa, a Federación provincial de Asociacións Veciñais Lucus Augusti de Lugo, Jesús Vázquez Varela.

Tras o discurso de benvida do presidente da CoGaVe, Fernando Rois Rois, procederase á entrega dos 2 galardóns de cada Federación integrante da CoGaVe. Os premiados elexiron unha canción para esta xornada.

Pola Federación provincial de Asociacións Veciñais Lucus Augusti de Lugo foi premiado Francisco José Fraga López, vicerreitor do Campus Universitario de Lugo, que escolleu o tema Sultans of swing, de Dire Straits. Tamén recibirá o seu galardón Manuel Núñez Carreira, presidente del Colexio de Graduados Sociais de Galicia co tema A Charanga, de Juan Pardo.

Pola Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área metropolitana foron premiados Valentín González Formoso, presidente daDeputación provincial da Coruña, que escolleu o tema Non surrender, de Bruce Springsteen. Tamén foi premiada a Fundación Diego González Rivas coa canción Somewhere over the rainbow, da propia entidade.

Repartiranse tamén premios nas asociación Eduardo Chao de Vigo, O Facho de Cangas de Morrazo, Limiar de Ourense e Roi Xordo de Ferrol.

Ademais, os premios CoGaVe Galicia 2023, votados por consenso de todas as federacións de asociacións veciñais integrantes da CoGaVe son para Francisco José real Castro (Cheché Real), presidente da Asociación de Hostaleiros de Galicia, que presentou a canción Money’s Too Tight (To Mention), de Simply Rede.

Unirase a el, Miguel Ángel González Arias, xeneral da Garda Civil que escolleu o tema Para la Libertadad, de Joan Manuel Serrat.

A Gala contará cunha ampla representación das diferentes institucións, como o Concello de Lugo, Deputación provincial de Lugo, Xunta de Galicia e Goberno de España; estando confirmada a asistencia -entre outros-, do delegado do Goberno de España en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras; o vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes,  Diego Calvo Pouso; ademais do presidente da Deputación provincial de Lugo,  José Tomé Roca; e da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López.

Ademais, asistirá o presidente da Confederación Estatal de Asociacións Veciñais (CEAV), Julio Molina Barthe; quen representará ao movemento veciñal a nivel nacional, xunto con María José Villamarín Santomé, vicesecretaria de CEAV desde o pasado 12 de marzo de 2023.

O galardón outorgado a cada premiado será unha figura de cerámica da Mariña lucense, en forma de pomba, simbolizando o necesario voo libre do Movemento Veciñal na procura das melloras na calidade de vida dos veciños e veciñas.