Skip to main content
As Pontes

As Pontes acolle o II Trofeo de Baile Deportivo o domingo

Por 13 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello das Pontes acollerá o domingo, 19 de novembro, o campionato galego de Danza Coreográfica no II Trofeo de Baile Deportivo, onde haberá tamén bailes latinos, standard, single e bailes caribeños.

Trátase dunha oportunidade única para achegarse aos bailes deportivos e ver ás parellas profesionais do máis alto nivel.

A sesión dará comezo ás 10.00 horas e se prolongará durante todo o día no pavillón municipal do Concello.