Skip to main content
Comarca TERRACHÁXARábade TERRACHÁXA

Convocado un obradoiro para familias sobre o fracaso escolar

Por 7 Novembro, 2023Novembro 21st, 2023Sin comentarios

O servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un encontro online dirixidos a nais e pais dos concellos da agrupación para abordar a prevención de fracaso escolar dende o ámbito familiar.

A actividades está aberta a todas as familias dos concellos da agrupación.

Este obradoiro será impartido de xeito online (a través da plataforma zoom) por Susana Piedra Zorrilla, psicóloga  responsable do Programa de Prevención de condutas de risco en nenos, nenas e adolescentes e fomento da parentalidade positiva na UNAF.

Neste obradoiro abordaranse contidos como as características da adolescencia e pre-adolescencia; as condutas de risco na adolescencia; fracaso escolar, a súa definición, factores de risco ou tipos; pautas familiares para a prevención do fracaso escolar; hábitos de estudios positivo e pautas parentais, e competencias persoais e sociais.

Será o 21 de novembro de 17.00 a 18.30 horas.

A inscrición pode realizarse a través deste enlace antes do 20 de novembro. Ofrecen información sobre o mesmo no Servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación de concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de rei e Rábade, no mail prevenciondrogas@rabade.org ou no teléfono 982 390 062 (María Barreiro).