Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Rábade acolle unha charla nos días de visita do servizo Coidados porta a porta

Por 19 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Rábade en colaboración coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia informa que nos días 20, 21 e 22 de novembro estará ao lado do centro de saúde unha unidade móbil dentro da campaña Coidados porta a porta.

Aproveitando a visita, este martes 21, ás 18.00 horas, terá lugar unha charla sobre audición en persoas maiores. Tratarase o tema da prevención de complicacións e patoloxías diversas. A sesión terá lugar no centro sociocultural da localidade.

Esta campaña destinada a persoas maiores de 55 anos e é totalmente gratuíta. Ofrecerá tres servizos principais. Por unha banda, un servizo de podoloxía. Faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.

No servizo de audioloxía faise unha valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva. E finalmente no servizo de estimulación da memoria, un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.

As persoas interesadas poderán pedir cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.