Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Rábade acollerá o martes un curso informativo sobre o uso de caixeiros para maiores

Por 16 Novembro, 2023Sin comentarios

A alcaldesa do Concello de Rábade, Reme González, e o tenente de alcaldesa, Luis Novo, mantiveron unha reunión de traballo co coordinador institucional de Abanca en Lugo, Óscar Rodríguez Rodríguez, e co director da oficina de Rábade, Julio Folla Rego, para abordar temas de interese para os veciños e veciñas.

A primeira acción que acordaron é a realización dun curso informativo sobre o uso de caixeiros para maiores, que vai ter lugar o martes 21 de novembro ás 11:00 horas no Centro Sociocultural.

Esta acción formativa, enmarcada no Programa de Educación Financeira da entidade, pretende ensinar a usar os caixeiros para aprender a facer as operacións máis habituais, retirada de efectivo, transferencias e outras.