Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

O documental ‘Xove, Democracia Nuclear’ proxectarase o 10 en Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba e a Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, organiza o vindeiro venres 10 de novembro, a proxección do documental “Xove, Democracia Nuclear”, de Pedro Lechuga.

Esta iniciativa, que terá lugar a partir das 20.00 horas no Auditorio Municipal de Vilalba, recolle a loita das veciñas e veciños da comarca da Mariña contra a central nuclear de Xove na década dos anos 70.

O propio director, Pedro Lechuga Mallo, xornalista leonés, será o encargado de guiar o coloquio posterior á proxección do documental.

A entrada é de balde, pero haberá que facer a correspondente reserva na páxina web do Concello, directamente na Casa da Cultura, ou o mesmo día da proxección na billeteira do Auditorio.

Xove, Democracia Nuclear

Este documental está rodado completamente en galego que trae á luz os eventos que sucederon na Mariña en novembro de 1973, cando se anunciou publicamente, por medio da prensa, o plan de edificar unha central nuclear no municipio de Xove.

Forma parte do proxecto nacional ‘Democracia Nuclear’ dirixido por Pedro Lechuga. Comenta que non se pode deixar que se perdan os relatos daqueles que viviron estes feitos históricos, especialmente en Galicia.

Dada a idade avanzada dalgunhas testemuñas, é fundamental rexistrar as súas vivencias para que perduren no tempo Pedro Lechuga sinala que o seu interese polo caso de Xove xurdiu mentres documentaban sobre Valencia de Don Juan. Ao descubrir outros lugares con movementos similares, Xove capturou a súa atención.