Skip to main content
Vilalba

O musical ‘Coco’ chega este sábado a Vilalba

Por 7 Novembro, 2023Sin comentarios

Este sábado 11 de novembro chega a Vilalba o musical Coco, o primeiro e o orixinal tributo á película do mesmo nome.

O estectáculo está a cargo da Compañía CTME (Compañía de Teatro Musical de España) e ten unha duración de 75 minutos e está recomendada para todos os públicos.

Coco chegou ás salas de teatro coa mesma forza e tenrura que xa vimos en pantalla. Este tributo musical cóntanos a tradición mexicana do Día dos Mortos a través dun espectáculo con voces en directo ambientadas cun decorado que nos levará a formar parte desta entrañable historia.

A historia fálanos de Miguel, un neno de Santa Cecilia que sempre adorou a música. A pesar das estritas normas que impón a súa familia na que “Nada de música” é a única regra, Miguel está decidido a demostrarlles o seu talento e a dedicarse a iso. Ao facelo, viaxa sen querer ao mundo dos mortos no mesmo día da súa celebración, descubrindo ao seu paso moito máis do que se podería imaxinar.

Esta historia fálanos do amor, a familia e de como todo o que é lembrado mantense sempre vivo. E faio desde unha representación chea de música e maxia, que che fará saír do teatro con ganas de máis.