Skip to main content
Vilalba

O programa Acelera Peme visitou Vilalba cun gran seguimento

Por 8 Novembro, 2023Sin comentarios

O Concello de Vilalba contou onte coa presenza da oficina móbil do programa Acelera PEME, polo que os autónomos e as pemes da vila puideron beneficiarse dos diversos servizos gratuítos que ofrece.

Vilalba foi un dos concellos elixidos para acoller unha oficina de asesoramento por ser cabeceira de comarca e ter un importante número de pemes e autónomos.

“É unha oportunidade para Vilaba, xa que é un asesoramento personalizado por parte dos dinamizadores dixitais do programa, é dicir, adaptado ás características e necesidades de cada negocio, co obxectivo de que poñan en valor os seus produtos e servizos”, explica a alcaldesa, Marta Rouco.

O obxectivo é axudar ás pemes a aproveitar os recursos da dixitalización para mellorar o seu negocio, de maneira que gañen en competitividade, produtividade, eficiencia, e para que abran novas oportunidades de negocio.

Os servizos ofertados inclúen o acompañamento dixital individual e personalizado, a análise do estado de dixitalización da empresa, o apoio na implantación de novas solucións dixitais no negocio, a consultoría en marketing dixital e o apoio e acompañamento na solicitude do Kit Dixital.

O programa Acelera PEME na provincia de Lugo, impulsado pola Deputación, está apoiado por Red.es e o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, e financiada polos fondos NextGenerationEU da Unión Europa.