Skip to main content
Vilalba

Este sábado haberá un novo campionato de tute en Árbol

Por 9 Novembro, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural e Deportiva de Árbol organiza este sábado, 11 de novembro o XIII Campionato de Tute. A inscrición é de balde para os socios, e 10 euros para o resto das persoas.

Haberá premios para os primeiros clasificados, e ademais ao rematar tamén poderán desfrutar de pinchos gratis.

Para inscribirse hai que chamar ao 658 895 632 ou 610 862 270.