Skip to main content
Vilalba

Vilalba acolle as xornadas sobre as Irmandiñas do Iescha

Por 13 Novembro, 2023Sin comentarios

O Instituto de Estudos Chairegos e o Consello da Cultura Galega, en colaboración co Concello de Vilalba, organizan as Xornadas das Irmandiñas: Mulleres para a historia de noso, que se levarán a cabo na casa da cultura de Vilalba, os días 17 e 18 de novembro, venres e sábado desa semana.

O primeiro días estas abrirán coa inauguración, ás 17.00 horas, que estará a cargo da presidenta da entidade, Marisa Barreiro, e a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco.

Os primeiros relatorios estarán a cargo de Guillermina Domínguez Touriño, co título Historias das invisibles; seguida de Cecilia Fernández Santomé, que falará do enfrontamento entre as Irmandades da Fala e a Asociación Nacional de Mujeres; e Vanesa Siso, que se centrará nas mulleres periodistas das Irmandades.

O sábado continuarán a partir das 11.00 horas. O primeiro relatorio será o de Camen Adán, co título Mulleres de Álbum. A continuación, Susana Pérez Fernández, representará Irmandiñas da Fala.

Trala pausa Aurora Marco será a encarada da última intervención, que leva por título Irmandiñas, un silencio que durou cen anos.

Carmen Adán será a encargada da clausura das xornadas, como membro do Plenario do Consello da Cultura Galega, ás 14.00 horas. Rematarán cunha ofrenda floral no monólito das Irmandades,  no Parador, ao son da música do grupo AC Andrade.

Ademais, na sesión inaugurarase tamén a exposición Pegadas de Mulleres, que permanecerá aberta ao público na casa da cultura ata o 30 de decembro.