Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

O Club de Loita Vilalba volve do Memorial Alexander Katchelaev con dous ouros

Por 14 Novembro, 2023Sin comentarios

O Club de Loita Olímpica Vilalba participou este sábado no primeiro Memorial Alexander Katchelaev, a cita na honra ao que foi a figura máis importante da loita galega nas últimas décadas.

O club estivo presente no pavillón do CGTD de Pontevedra con algúns dos deportistas que volveron con novos éxitos. Kevin Cuba acadou o ouro en cadete en menos de 92 kg, mentres que Ramón Monasterio tamén subiu ao máis alto do podio ao dominar a categoría sénior en menos de 97 kg. Para Ramón a competición supuxo retomar despois de varias tempadas de parón.

Á cita tamén acudiu Jairo Mosteiro que se estreaba competindo en cadete menos de 60 kg e que non puido pasar da primeira rolda.

Alexander Katchelaev foi seleccionador da URSS na época en que este equipo consolidouse como a primeira potencia mundial en loita. Chegou a Galicia no ano 1991 para facerse cargo do equipo de loita do CGTD de Pontevedra e despois de case 40 anos de traballo foi o formador de moitos dos mellores loitadores galegos.