Skip to main content
Vilalba

Vilalba acolle este venres a primeira Festa da Improvisión Oral

Por 16 Novembro, 2023Sin comentarios

A concelleira de Promoción da Lingua de Vilalba, María Xosé Fernández, presentou a I Festa da Improvisación Oral de Vilalba.

A actividade, fixada para o venres 17 de novembro unirá ás regueifeiras de Vilalba e Compostela no Auditorio Municipal. Será ás 20:00 e a festa estará asegurada.

As regueifeiras da escola Semente Compostela visitarán ás vilalbesas do IES Basanta Silva para celebrar unha xornada de convivio entre coplas, risas e complicidade. A festa leva o nome de Regueifa na Chá e formará parte do Regueifa Tour, que está a xirar xa por Galicia e Portugal.

No mesmo acto, renderase homenaxe ó cantautor de orixes vilalbesas Manu Chao, estreitamente relacionado co mundo da regueifa. O alumnado de Vilalba e Compostela envioulle ao artista varios vídeos con versións das súas cancións e, durante a festa, improvisarase sobre melodías de temas como Clandestino, Última estación e Esperanza.

Ademais, tamén participará no espectáculo a Asociación Xermolos de Guitiriz, organizadora dos Premios de Poesía Terra Chá. En nome da asociación, Alfonso Blanco entregará os premios de regueifa ao colexio Manuel Mato Vizoso.
No espectáculo, participarán tamén os regueifeiros Lupe Blanco e Suso de Xornes, coa regueifa de raíz tradicional de Bergantiños.

Tal e como explicou a concelleira: “A iniciativa ten como obxectivo levar a regueifa a locais onde a xente nova organice festas de poesía oral, nun proceso de autoxestión, e tecer unha rede de adolescentes coa regueifa e o activismo en defensa da lingua galega como nexos de unión”.