Skip to main content
Vilalba

Santaballa acolle unha charla sobre cardiopatías nas mulleres esta tarde

Por 17 Novembro, 2023Sin comentarios

Hoxe, venres 17 de novembro, terá lugar na Liga Santaballesa unha charla-coloquio co cardiólogo Plácido Orosa a partir das 19.00 horas.

Trátase dunha sesión organizada pola Asociación de Mulleres Rurais Agarimo de Santaballa con este especialista en Cardioloxía que falará sobre as cardiopatías nas mulleres como a hipertensión arterial, colesterol, infarto, anxina de peito e trastornos do ritmo cardíaco, ademais de respostar todas as preguntas que se lle plantexen.