Skip to main content
Vilalba

O BNG de Vilalba abre o seu local á veciñanza os luns e os venres

Por 17 Novembro, 2023Sin comentarios

O Bng de Vilalba abrirá o seu local á toda a veciñanza todos os luns de 10 a 11 horas e os venres de 20 a 21 horas. Local sito na rúa Pravia nº16, primeiro ou ben a través do número de teléfono 982 51 25 13.

“Queremos ser unha formación aberta á veciñanza e temos como obxectivo converternos nun espazo de referencia e encontro non só para a militancia senón para todas as veciñas e veciños de Vilalba”, explica Tino Alvite.

O propio Concelleiro do BNG ou persoal da formación nacionalista atenderá as temáticas plantexadas pola cidadanía “hai moitas cuestións que se poden atender dende o propio concello e que atinxen a veciñas e veciños”. Tino Alvite dixo que o BNG é a forza que representa a todas as persoas que “aman este país” e explicou “temos unha organización forte e cohesionada con presenza na Deputación de Lugo, onde formamos parte do goberno, no Parlamento de Galiza, onde o BNG é a segunda organización en representación, representamos a Galiza nas cortes do Estado e tamén no Parlamento Europeo”.

O concelleiro do BNG amosouse disposto a trasladar calquera problemática as diferentes institucións “as persoas saben o que lles preocupa e dende o BNG queremos axudalas a resolver as cuestións no que dependa das institucións xa sexa a nivel provincial, galego, estatal ou europeo por que temos representación e contacto directo con todas alí onde xurda a demanda da cidadanía”.