Skip to main content
Vilalba

O Iescha acolle unha conferencia sobre a violencia contra a muller na obra das escritoras galegas

Por 20 Novembro, 2023Sin comentarios

O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza o venres 24 de novembro de 2023, na Casa da Cultura de Vilalba, ás 20.00 horas, unha conferencia sobre A Violencia contra a muller na obras das escritoras galegas, que será impartida por Cris Felpeto, filóloga.

O acto será presentado por Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.

Esta será a oitava conferencia correspondente ao ciclo Mulleres Galegas, e nesta ocasión coincide no tempo tamén co Día Internacional Contra as Violencias Machistas.