Skip to main content
Vilalba

O Ciclo Mestre Mateo do Iescha proxecto o documental ‘Onde máis doe’

Por 21 Novembro, 2023Sin comentarios

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa  Área de Cultura- Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección do documental Onde máis doe, de Manane Rodríguez, continuando así coa programación do Ciclo Mestre Mateo que durante o ano 2023 brinda a oportunidade de poder desfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XXI Premios Mestre Mateo.

Esta sétima proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o domingo 26 de novembro, ás 20:00 horas.

Despois de ameazar durante anos á súa ex parella, MM asasina a golpes de pala ao seu fillo de 11 anos. Que move a unha persoa en pleno  uso das súas facultades a matar a un fillo? Por que o feito de que unha muller non se someta e intente actuar pola súa conta pode alentar un castigo tan brutal?