Skip to main content
Vilalba

A Xunta completa a instalación de luminarias na estación de bus de Vilalba

Por 22 Novembro, 2023Sin comentarios

A Xunta de Galicia rematou o arranxo do sistema eléctrico e a reposición de todas as luminarias das dársenas da estación de autobuses de Vilalba.

Segundo indican, o Goberno galego actuou tan pronto tivo coñecemento do problema e realizou as xestións necesarias para solucionar a avaría, de modo que parte da iluminación xa estaba operativa o pasado venres, achegando maior seguridade para os usuarios.

“Desde a Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade de Lugo puxéronse en contacto co Concello ata en tres ocasións ao longo da pasada semana para informar sobre os avances”, din.