Skip to main content
Vilalba

Colectivos feministas celebran o sábado en Vilalba o 25N cunha concentración

Por 24 Novembro, 2023Sin comentarios

Os colectivos femininas vilalbeses veñen de convocar unha concentración con motivo da celebración o 25 de novembro do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A sesión terá lugar baixo o lema Acabouse.

Esta terá lugar propio día 25 na praza da constitución. Comezará o acto ás 18.30 horas coa lectura dun manifesto e seguidamente representarase o monólogo O domingo, con Susana Pérez e Tamara Grandío.