Skip to main content
Vilalba

Rematan as obras da vía entre Fabás e Graduín, en Goiriz

Por 25 Novembro, 2023Novembro 26th, 2023Sin comentarios

O tenente de alcalde e responsable de Infraestruturas Rurais de Vilalba Modesto Renda informou do remate das obras de mellora da vía que lle dá acceso aos barrios de Fabás e Graduín, en Goiriz.

Os traballos, financiados con cargo ao Plan de Mellora de Camiños Municipais, realizáronse esta semana e obxectivo dos mesmos foi a limpeza de cunetas, o reforzo da base do firme, a necesaria pavimentación mediante dobre rega asfáltica e a colocación de nova sinalización vertical.

Renda, que contrastou a actuación coa veciñanza de ámbolos dous barrios, volveu facer fincapé na necesidade de lle “dar cumprimento ás demandas das parroquias como obxectivo irrenunciable do Goberno Municipal”.