Skip to main content
Vilalba

O auditorio acolle este sábado a entraga do Premio Agustín Fernández Paz

Por 27 Novembro, 2023Sin comentarios

O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan o acto de entrega do VI Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade ao escritor gañador, Pablo Nogueir, polo seu libro Ringo. Memorias dun coello fedello, que terá lugar o sábado, día 2 de decembro, ás 20:00 horas, no auditorio municipal de Vilalba.

O referido acto será presentado por Carmen Hermida e contará coas intervencións de Marisa Barreiro, presidenta do Iescha; Marta Rouco, alcaldesa de Vilalba; Fran Alonso, director de Edicións Xerais de Galicia; Manuel Bragado, membro do xurado, e Pablo Nogueira, gañador do VI Premio Agustín Fernández Paz.

Durante o acto, irán producíndose distintas actuacións relacionadas coa música, coa danza, coa poesía, coa palabra, coa imaxe, etc. Para isto, contarán coa participación de: Lambe lambe co espectáculo A fala das do Miño e Caroi; Corredores de sombra con Muda (versión do tema, Todo Cambia); Escola de Movemento co espectáculo Mirádenos, de Elvira Sastre, e anacos de musica de diferentes temas de Beyoncé; alumnado do IES Basanta Silva, que respresentará Mazás do xardín de Tolstoi, de Yolanda Castaño, con Icía Saavedra e As Mouchas, ademais de S/T 1.2, a cargo de Outro, colectivo artístico. Completa o programa BMV Ensemble, que interpretarán unha selección musical de Les Miserables en arranxo de Johnnie Vinson e rematarán co Himno Galego.

Para a linguaxe de signos contarán coa Asociación de Xordos de Lugo (Axorlu). Nalgún momento do acto, darase lectura ao ditame do xurado do VII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade.

A entrada é de balde, pero haberá que reservala con antelación na páxina web do Concello, directamente na Casa da Cultura ou o mesmo día do acto na billeteira do Auditorio, sempre e cando quedasen asentos libres.