Skip to main content
Vilalba

Cortan ao tráfico a ponte da Ribeira ata o inicio das obras

Por 29 Novembro, 2023Sin comentarios

A Ponte Da Ribeira estará pechada ao tráfico ata que dean inicio das obras de reconstrución. Así o anunciou o tenente de alcalde Modesto Renda, quen fixo fincapé nas “razóns de seguridade” como o motivo principal da decisión que se vén de tomar dende a área de Mobilidade da que é o responsable.

O Concello, fixará como alternativa dous desvíos provisionais: O primeiro pensando nos veciños/as que acceden dende Goiriz e o segundo atendendo ós que o fan no sentido inverso dende San Simón.

Para os primeiros proponse a dirección O Pazo – Samarugo, pois O Pazo atópase despois da igrexa subindo cara a capela de San Xulián e, na mesma Capela, enlázase coa estrada que baixa da Escola de Corvelle cara San Simón.
Para os segundos, proponse tomar a dirección cara o barrio de Pude.

Renda, que o pasado 4 de Novembro presentou en Samarugo o proxecto de reconstrución integral que o Concello de Vilalba, remitiu á Confederación Hidrográfica do Miño Sil e á Dirección Xeral de Patrimonio, e explicou que, “dende o primeiro día da lexislatura, se tivo claro que a obra era prioritaria e se actuou en consecuencia axilizando os trámites”.

O Concello deberá agora agardar polas dúas autorizacións sectoriais (a de patrimonio é precisa pola presenza dun cruceiro nunha marxe) e cando estas cheguen e as circunstancias climatolóxicas o permitan, executar as obras de reconstrución.